Medio Ambiente recuperará 746 quilómetros de camiños tradicionais

Investiranse sete millóns de euros nos vindeiros cinco anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nada menos que 746 quilómetros de vías tradicionais que atravesan o país serán recuperados no marco do proxexto Camiños Naturais de Galicia. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, presentaba o pasado sábado en Ourense esta inciativa para a que está previsto un investimento de sete millóns de euros ao longo dos vindeiros cinco anos. As rutas que se recuperarán prevén un camiño entre Muxía e Laxe, outro entre o Cabo Ortegal e Ribadeo, un terceiro entre os parques da Serra do Xurés e de Enciña da Lastra (seguindo o itinerario da Vía Nova romana) e un cuarto que unirá o campamento Aquis Querquennis, en Bande, con Foz.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, Bande, Ribadeo, Ourense...