A Vía Nova contará cun Plan Director

Cultura investirá 150.000 euros entre este ano e 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou que nos vindeiros días aparecerá no Diario Oficial a licitación do Plan Director para a Vía Nova. O proxecto centrarase nos preto de 30 quilómetros de vía romana que se atopan entre Portela do Home e Bande, en Ourense, e contará cun investimento de 150.000 euros ata 2009. Precisamente nesta zona concéntrase un grande número de restos romanos, coma o campamento Aquis Querquennis ou os baños de Aquis Oreginis. O futuro Plan Director recollerá pautas para a posta en valor e a conservación dos elementos patrimoniais vencellados á vía.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Bande, Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares