Comezan iniciativas de recuperación nos mosteiros de Lobás e Oia

Mosteiros en marcha

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O mosteiro de Lobás, no Carballiño, está a dar os primeiros pasos para a súa recuperación. O acordo entre o concello e mais Patrimonio permitiu comezar os traballos do anteproxecto para recuperar ese edificio en ruínas. O concello pretende transformar o claustro nun centro de interpretación do patrimonio comarcal, e agarda contar co 1% cultural do Ministerio de Fomento para iniciar as obras. Ao tempo, no mosteiro de Oia está a se abordar a recuperación do retablo, cun orzamento de 30.000 euros. A coincidir con este proxecto, a pasada semana coñecíase a nova de que parte do tellado do cenobio se derrubou afectado polo mal tempo.

Máis información sobre Lobás en La Región; máis sobre Oia no Faro de Vigo e nos nosos arquivos; o noso tema sobre os empregos dos mosteiros

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Culturagalega, La Región, Faro de Vigo...