O Ministerio de Cultura implicarase na recuperación do mosteiro de Melón mentres avanza o proxecto de Santa Catalina de Monte Faro

Novos tempos monásticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A restauración do mosteiro de Melón ten visos de se pór en marcha logo de anos paralizada. O Ministerio de Cultura comprometeuse a cubrir o 80% do custo das obras de recuperación deste complexo. O alcalde de Melón, Alberto Pardellas, manifestou a súa esperanza de que a Xunta asuma o 20% que resta para completar a restauración. Tamén Santa Catalina de Monte Faro, en Mugardos, pode ver en breve avances na súa recuperación. Nunha primeira reunión o pasado luns representantes do concello, da Consellaría de Cultura e mais o Ministerio de Defensa acordaron iniciar os estudos de cara a elaborar un Plan Director para o edificio.

Máis información en La Voz de galiciasobre Melón, sobre Santa Catalina; a nosa reportaxe sobre novos usos para os mosteiros

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, La Voz de Galicia, Culturagalega, Mugardos