Melón aproba o plan especial de protección do mosteiro de Santa María

Rexerá as normas do proceso de recuperación do cenobio

23/3/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pleno do concello de Melón aprobou o Plan especial de protección, de protección, de dotacións e infraestruturas do mosteiro de Santa María, declarado Ben de Interese Cultural. O plan incorpora alegacións e informes emitidos ao respecto. O proceso de recuperación do mosteiro de Santa María de Melón foi polémico e con numerosos episodios de confrontación entre as partes. A partir de agora existe un marco de desenvolvemento deste proceso.

Aprobar definitivamente o Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do mosteiro de Santa María (conxunto igrexa-mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova, do concello de Melón, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)