Santa Cristina de Ribas de Sil será Ben de Interese Cultural

Cultura iniciou o proceso para outorgarlle a máxima protección ao mosteiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Santa Cristina de Ribas de Sil será Ben de Interese Cultural

Os edificios e mais o contorno do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil, contan xa coa máxima protección legal. A dirección xeral de Patrimonio iniciaba o pasado mércores a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural este conxunto, o que xa lle outorga de xeito provisorio o maior grado de salvagarda. Agora queda pendente a publicación deste expediente no Diario Oficial e a apertura do prazo de alegacións. Santa Cristina é un conxunto románico datado no século XII e que está enclavado nunha zona de alto valor paisaxístico.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Ben de Interese Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Lugares