Santa Cristina de Ribas de Sil xa é Ben de Interese Cultural

A área de protección do mosteiro abrangue unha zona de interese natural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba esta mañá a declaración de Santa Cristina de Ribas de Sil coma Ben de Interese Cultural. O mosteiro, considerado un importante exemplo do románico galego, amosa as transformacións artísticas que se deron entre os séculos XII e XIII no país. Ademais, a área de protección que prevé Patrimonio para este ben abrangue unha ampla Zona de Especial Protección dos Valores Naturais que se estende polas dúas beiras do Sil. A declaración obrigará a que calquera obra que se acometa no contorno, mesmo aínda que só provoque modificacións no nivel das augas, teña que contar coa autorización de Patrimonio.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares