Cultura participa nas obras de restauración da catedral e presenta o plan director para o Castro de Santa Tegra

Catedral e castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Esta fin de semana dous dos nosos grandes bens patrimoniais, a Catedral de Santiago e mais o Castro de Santa Tegra, foron noticia polas actuacións que se van desenvolver neles. Por unha banda, a Fundación Barrié, a Consellaría de Cultura e mais responsables eclesiásticos da Catedral de Santiago, anunciaban este venres os proxectos de rehabilitación para este edificio de cara ao Xacobeo 2010. Tres millóns de euros, achegados pola Barrié destinaranse á restauración do Pórtico da Gloria e mais as bóvedas da Capela Maior. Ao tempo, Cultura anunciaba sábado a posta en marcha do plan director para o Castro de Santa Tegra, que protexerá todo o monte onde se sitúa esta construción. O proxecto, dotado con 72.000 euros, prevé apoiar diferentes estudos arqueolóxicos sobre a zona e limitar as actividades humanas no depósito.

Máis información en La Voz de Galicia sobre a catedral; sobre Santa Tegra; Galicia Hoxe;

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Xacobeo, Pórtico da Gloria...