A Fundación Barrié financia a restauración máis ambiciosa de elementos na Catedral de Santiago

Recuperar o esplendor de Mateo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Con tres millóns de euros achegados en exclusiva pola Fundación Barrié de la Maza procederase nos vindeiros tres anos á restauración de emblemáticos elementos artísticos da catedral de Santiago. O proxecto contempla a rehabilitación do Pórtico da Gloria, das pinturas e arcos da bóveda da capela maior e a reorganización dos museos catedralicios. Os efectos desta intervención comezarán a verse ás portas do ano xacobeo 2010. Tamén está prevista unha edición en soporte multimedia para divulgar estas obras e a organización de dous simposios internacionais que validen o proxecto ante a comunidade científica. A supervisión e o asesoramento técnico correrán a cargo da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura.

Máis información en La Opinión e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Museos, Ano Xacobeo...