A Fundación Barrié anunciaba esta mañá o resultado dos concursos que convocou para realizar os traballos de conservación preventiva e de restauración do Pórtico da Gloria e da Capela Maior da Catedral de Santiago. Segundo anunciaron, a Fundación Labein encargarase da monitorización permanente das pinturas das dúas localizacións. Pola súa banda, Artelán restauración correrá co estudo e o traballo Ãntegro de restauración dos murais ca capela maior. Finalmente cooperativa italiana COO.BE.C será a encargada dos estudos e dos traballos preparatorios para a restauración do pórtico. Segundo anunciou a fundación, estas intervencións supoñen un investimento de algo máis de dous millóns de euros, e os traballos iniciaranse nun prazo máximo de vinte dÃas, no caso dos estudos previos, e de corenta no que se refire ao proceso de monitorización permanente.
Desde a Fundación incidiron no carácter pioneiro do Programa Catedral, que contempla por primeira ver unha recuperación integral do edficio. Nese sentido, os aparellos que empregará a Fundación Labein para controlar o microclima e a situación das pinturas murais quedarán a disposición da Catedral para que poidan ter información exhaustiva sobre estes valores durante os vindeiros dez anos.
As previsión para a execución destas intervencións estÃmanse en 15 meses para a recuperación das pinturas murais e en 12 para os traballos no Pórtico da Gloria. A estes prazos cómpre sumar os necesarios para presentar e analizar os diferentes informes de actuación, polo que prevese que o vindeiro ano santo, en 2010 comeze aÃnda cos andamios do pórtico e da capela aÃnda instalados.
Unha ver remata a primeira fase destes traballos, queda pendente a convocatoria dun novo concurso para a realización das tarefas de restauración en si do Pórtico da Gloria.