Iago Seara súmase ao Programa Catedral para axilizar a rehabilitación do Pórtico da Gloria

A andamiaxe reducirase pero non se retirará ata finalizar os estudos previos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Concha Cirujano e Iago Seara serán os codirectores do proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria. Así o anunciou hoxe a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, no acto de sinatura do convenio que fai efectiva a implicación da Xunta no proxecto. Deste xeito retómase a fase de documentación do Programa Catedral, promovido pola Fundación Barrié, e que permitirá establecer o Plan de Conservación Preventiva, é dicir, o texto que conterá as liñas de actuación para o Pórtico (que, de implicar intervencións no conxunto, deberá convocar un concurso público por invitación). En todo caso, mentres se realice o proceso de estudo e documentación, que se alongará ata o último trimestre deste ano, a andamiaxe non se retirará senón que só se alixeirará.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iago Seara, Catedral, Pórtico da Gloria, Seara...

Claves

Protagonistas