Finaliza a fase de estudos previos do Pórtico da Gloria

O 10 de xullo finaliza o programa de visitas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os técnicos remataron a fase de estudos previos á restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Os datos obtidos analizaranse e aplicaranse no plan de conservación preventiva do monumento, pero durante os meses fortes do Xacobeo, boa parte da estrutura metálica que rodea o Pórtico se retirará para facilitar a visibilidaded o monumento. O sábado 10 de xullo, xa que logo, finalizará o programa de visitas guiadas ao Pórtico, e que contaron con 20.000 visitantes. A finais de xullo reabrirase a cripta do Pórtico para ofrecer un programa didáctico sobre o monumento.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Xacobeo, Catedral, Catedral de Santiago