A Catedral explica o significado e a restauración do Pórtico da Gloria en Google Arts

Publica catro novas visitas interactivas

21/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Basamentos do Pórtico da Gloria. Foto: Fundación Catedral de Santiago

Aínda que a Catedral de Santiago xa dispuña dun espazo na plataforma de difusión cultural Google Arts & Culture, agora incorporou novo contido destinado a explicar un dos espazos máis senlleiros do monumento: o Pórtico da Gloria. Catro novas exposicións temáticas expllican o relato "apocalíptico e salvífico" que comeza na cripta e se desenvolve a través das estatus e relevos. Na segunda, descifra a iconografía amosada no pórtico. Na terceira, explícase a desaparecida fachada que precedía o Pórtico e na cuarta pódese coñecer como foi o recente proceso de restauración.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Google, Catedral, Pórtico da Gloria, Exposicións...