Presentan o programa de visitas ao Pórtico da Gloria

Enmárcase nos traballos de recuperación desta obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As persoas interesadas en coñecer de preto o Pórtico da Gloria teñen unha oportunidade co programa de visitas que presentaba esta mañá a Fundación Barrié e mais o deán da catedral de Santiago. Os circuítos, que durarán arredor de 50 minutos e se desenvolverán en catro sesións diarias, serán para grupos reducidos de 10 persoas e contarán con guías especializados. Nos mesmos achegarase información sobre o conxunto na Cripta da Catedral, recentemente acondicionada coma Centro de Recepción de Visitantes, e percorreranse os andamios que se están a utilizar para recuperar o pórtico. As reservas poden realizarse no web da Fundación Barrié.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Catedral, Fundación Barrié, Catedral de Santiago