A Catedral de Santiago terá un Centro de Recepción de Visitantes do Pórtico da Gloria

Xa se coñecen os seis membros do Comité Científico do edificio

Ao longo dos dous vindeiros meses a cripta da Catedral de Santiago será acondicionada para acoller o Centro de Recepción de Visitantes do Pórtico da Gloria. Este espazo permitirá acceder directamente ás andamiaxes polas que se poderán facer visitas guiadas mentres se desenvolven os traballos de restauración desta peza. Unha libraría, paneis explicativos, unha reconstrución en tres dimensións do conxunto e varios produtos multimedia estarán a disposición do público neste novo espazo.

De xeito paralelo, hoxe mesmo dábanse a coñecer os nomes dos seis compoñentes do Comité Científico do Programa Catedral. Antonio Fernández Alba, Manuel Antonio Castiñeiras, Rocío Sánchez Ameijeiras, Miguel Taín, Francisco Prado Vilar ou Juan Ignacio Lasagabaster son os membros deste novo organismo, que se encargará se asesorar encol do traballos de recuperación que se desenvolvan no conxunto. Estas accións enmárcase no Programa Catedral que está a desenvolver a Fundación Barrié.