Abre o novo espazo divulgativo do Pórtico da Gloria

Intégrase no Programa Catedral da Fundación Barrié

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Recreacións en tres dimensións, paneis explicativos, réplicas dos instrumentos medievais, fotografías artísticas e proxeccións audiovisuais. O Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria que abría esta mañá na Sala de Armas do Pazo de Xelmírez en Compostela permitirá coñecer polo miúdo este monumento do románico galego. A nova sala, financiada pola Fundación Barrié no marco do Programa Catedral integrarase no circuíto de actividades didácticas e visitas guiadas e irá incorporando novos contidos. Ademais, achegará información actualizada sobre o proxecto de restauración do pórtico, cuxa finalización está prevista para o mes de marzo de 2017.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Catedral, Fundación Barrié, Pazo de Xelmírez...