A Fundación Barrié presenta unha app para ver o Pórtico da Gloria en alta resolución

A imaxe está composta por 2.700 fotografías que recollen todos os detalles

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Unha captura da app

Unha captura da app

A Fundación Barrié publicou unha app e un web que permiten explorar o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago en formato gigapixel, isto é, unha fotografía en súper alta resolución que permite explorar o Pórtico a unha gran proximidade. Para realizar esta imaxe gigapixel realizáronse 2.700 fotografías. A maiores, a app inclúe contidos explicativos do proceso de restauración e dos instrumentos representados. A app é de balde e xa está dispoñible para iPhone e iPad. Para Android estará dispoñible proximamente. O web tamén xa está aberto.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Pórtico da Gloria, Fundación Barrié, Catedral...