Os técnicos fan unha copia dixital en 3D do Pórtico da Gloria como paso previo á súa restauración

Os primeiros andamios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os técnicos fan unha copia dixital en 3D do Pórtico da Gloria como paso previo á súa restauración

Quen se achegue ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago estes días poderá ver como unha estrutura metálica cubre o frontal da antiga fachada románica da catedral. É a andamiaxe necesaria para realizar un preciso escaneado en superficie do conxunto escultórico construido polo Mestre Mateo entre 1168 e 1188. O obxectivo da Fundación Barrié de la Maza, que costea os gastos íntegros da restauración, é obter un preciso modelo dixital do Pórtico que poida ser empregado polos técnicos encargados da súa restauración. Os andamios tamén servirán para que grupos reducidos de 14 persoas poidan coñecer o Pórtico desde a perspectiva inusual da altura; será preciso realizar reserva previa para poder visitar a restauración do Pórtico e a Fundación asegura que abrirá o prazo en breve.

A contrarreloxo
Nestes momentos, a Fundación abriu un concurso internacional por convite para a adxudicación do proceso de restauración do Pórtico e as pinturas murais da Capela Maior da Catedral no que concorrerán dez equipos, e que se resolverá a finais de xullo. Entre os criterios especialmente valorados polo xurado do concurso estará a proposta de cronogramas que permitan finalizar a restauración antes do Ano Santo de 2010.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Catedral, Fundación Barrié de la Maza, Catedral de Santiago...