A obra de referencia do mestre Mateo creada en 1188 e xoia indiscutida do románico, o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, presentouse hoxe ante os medios coa súa faciana máis colorida das coñecidas polos vivos. A restauración levada a cabo nesta xoia do patrimonio grazas ao mecenado da Fundación Barrié recupera grazas a un complicado e longo proceso de restauración parte das policromÃas que foi acumulando nos máis de oito séculos desde a súa creación. Os traballos iniciados dentro do Programa Catedral no ano 2009 cun estudio da situación do Pórtico e do impacto que sobre a súa situación tiñan todos os elementos ambientais, incluÃdas as variacións de temperatura e humidade producidas polo fluxo de visitantes, levaron a iniciar no ano 2015 o proceso da restauración que incluÃu, para a protección do elemento a intervención necesaria na fachada e cubertas ao mesmo tempo que urxencia do deterioro do pórtico facÃa necesario iniciar os traballos que detivesen a continua desaparición da policromÃa. Asà o explicaron hoxe ante a prensa, tanto José MarÃa Arias, Presidente da Fundación Barrié como a coordinadora de Restauración do Programa Catedral, Ana Laborde. O vindeiro dÃa 2 de xullo está prevista a inauguración oficial da restauración do monumento pero aÃnda haberá que agardar ata finais de xullo, como mÃnimo, para que a visión do Pórtico da Gloria co seu renovado aspecto estea á disposición do público visitante, segundo asegurou aos medios Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral.
O presidente da Fundación Barrié abriu a súa comparecencia cun rotundo "Por fin", no que expresaba a súa satisfacción por poder amosar os resultados do longo e complicado proxecto no que participaron 12 restauradores que botaron máis de 50.000 horas de traballo, ademais de numerosos especialistas de distintas e variadas disciplinas. Un proxecto, o Programa Catedral, no esta fundación investiu 6,2 millóns de euros para sacalo adiante segundo José MarÃa Arias que recordou que o proceso pasou por momentos moi delicados debido ao longo tempo que os seus traballos necesitaron, xa desde a fase inicial de monitorización, e que non sempre foron moi ben entendidos na súa importancia. Nese sentido Julián Barrio, Arcebispo da Catedral gabou o compromiso da Fundación Barrié e a ausencia de curtopracismo que guiou esta intervención asà como so criterios de rigor e excelencia que sempre estiveron presentes. A base de datos documental informática creada ao longo do proceso está destinada, segundo Arias, a ser unha obra de referencia e consulta no eido da restauración das policromÃas medievais.
As cores dunha historia
Quen se achegue agora ao Pórtico da Gloria co seu pasado recente aÃnda na retina sorprenderase sen dúbida ao observar as delicadas cores, especialmente presentes nalgunhas zonas como o capitel da columna central, que tinguen o impresionante conxunto. As cores preséntase aos ollos coa suficiente relevancia como para supor unha importante diferencia co visto anteriormente. Segundo se expuxo na rolda de prensa a intervención e as investigacións cientÃficas realizadas confirman a existencia de tres distintos policromados sobre o Pórtico desde a súa creación e ao longo da Historia. A primeira e máis antiga das policromÃas, con decoración medieval, da que se conservan vestixios en azul lapislázuli e rosado moi claro en varias das partes do conxunto. Segundo Laborde, esa primeira policromÃa cubrÃa todas as tres arcadas e as columnas frontais ao conxunto asà como todo o espazo desa entrada. A segunda das policromÃas data do século XVI en coincidencia cos primeiras modificacións da portada exterior e outras obra no templo. Será a terceira e máis recente da policromÃas aquela que se poida observar maiormente, como é natural. Datada no século XVII, a súa paleta cromática é moi similar á habitual renacentista. Deste tempo son as coloracións de caras, mans e pes en 1651, levada a cabo por CrispÃn de Evelino, segundo hai constancia nos arquivos catedralicios. A humidade e as condicións ambientais aparecen, segundo Ana Laborde, como o principal problema de deterioro do conxunto e as súas cores. A entrada constatada da auga da choiva nos piares foi o que motivou a intervención necesaria das fachadas e cubertas, que xurdiron dentro do Programa Catedral como unha necesidade da propia restauración do Pórtico que estaba nunha situación crÃtica cada dÃa con constantes desprendementos do material. O Arcebispo, Julián Barrio, recordou a necesidade deste tipo de intervencións ante a responsabilidade que debe xerar na sociedade o saberse custodios dunha herdanza patrimonial que hai que seguir transmitindo.