O Museo da Catedral de Santiago intégrase en Google Arts & Culture

A entidade introduce no web catro historias interactivas a partir dunha selección de pezas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Google Arts & Culture, a plataforma do buscador que alberga versións dixitalizadas de contidos de diferentes museos e institucións de todo o mundo, conta xa coa presenza do Museo da Catedral de Santiago nas súas fileiras. Catro historias interactivas dedicadas ao propio museo, aos tapices de Goya que se custodian no mesmo, ao Camiño de Santiago e mais ao Mestre Mateo compoñen o debut da entidade neste espazo, cun total de 68 imaxes de diferentes pezas que inclúen desde estatuas ata páxinas do Códice Calixtino ou o martelo para abrir a Porta Santa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Google, Museo da Catedral de Santiago, Museos...