A catedral de Santiago é coñecida como xoia artÃstica do románico ou do barroco, pero pouca xente repara na importante colección de 100 tapices de diferentes épocas, que comezou a formarse no século XVI, e que contén valiosas obras do téxtil europeo. AÃnda que moitos dos tapices se perderon nun incendio a principios do século XVIII, a partir dunah doazón de Pedro Acuña en 1814 a institución volveu dispor dunha colección que inclúe pezas feitas a partir de cartón de Goya ou de Rubens, modelos flamencos e cinco pezas sobre a historia de AnÃbal e Escipión que proceden de obradoiros bruselenses do século XVI. A través dun convenio coa Real Fábrica de Tapices que se asinará mañá, 31 de xaneiro, presentarase a publicación Los tesoros de la Catedral de Santiago e se iniciará unha colaboración co obxectivo de "investigar, conservar e difundir la valiosa colección textil de la Catedral de Santiago, formada por importantes tecidos medievais, pezas singulares coma o Gallardete da Batalla de Lepanto, unha gran colección de vestiduras litúrxicas e, sobre todo, unha das mellores coleccións de tapices de España".