O Pazo de Xelmirez, edificio anexo á Catedral de Santiago e que é sede habitual de exposicións temporais, acollerá de xeito permanente unha exposición da Fundación Catedral dedicada ao Mestre Mateo. Este novo espazo resultará complementario cos contidos que xa presenta o Museo da Catedral sobre o Mestre Mateo. O discurso expositivo do denominado Espazo Mestre Mateo articularase en seis ámbitos, cada un deles con pezas orixinais e recursos interpretativos que ofrecen ao público unha panorámica completa sobre un perÃodo esencial na historia da Catedral e da arte universal. O primeIro dos ámbitos ilustrará a figura do propio Mestre Mateo, de orixe, procedencia e formación descoñecidas. Poderán verse por vez primeira en Santiago algunhas figuras recuperadas nos traballos arqueolóxicos levados a cabo no ano 2016 baixo as torres da basÃlica, como a figura mutilada, obra do Mestre do Panos Mollados, último representante do gran románico compostelán. A inauguración desta nova proposta expositiva enmárcase dentro das actividades conmemorativas do 90 aniversario da creación do Museo Catedral de Santiago. O Espazo Mestre Mateo, que conta cunha publicación monográfica de seu, pode visitarse dentro do percorrido do Museo, con calquera das modalidades de entrada.