A Xunta asume a codirección da rehabilitación do Pórtico da Gloria por contrato

O proxecto non estará concluído ata o ano 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Anunciouno o presidente da Xunta despois dunha reunión do seu goberno e concretarase unha vez rematada a Semana Santa. O goberno galego codirixirá a restauración do Pórtico da Gloria despois dos dilatados prazos cos que se está a recuperar a obra máis destacada do Mestre Mateo. Os outros asinantes dese documento son o Ministerio de Cultura, a Fundación Barrié, o Arzobispado de Santiago e o Cabido da Catedral. A obra, que non estará finalizada ata 2012, contará coa codirección Concha Cirujano, por parte da Fundación Barrié (no marco do seu “Programa Catedral”) e, desde a sinatura do contrato, de Iago Seara, por parte da Xunta.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Catedral, Fundación Barrié, Iago Seara...