A aparición de formigón na catedral adía o plan de restauración das pinturas murais

O proxecto que promove a Barrié inclúe tamén o Pórtico da Gloria

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Baixo o nome de Programa Catedral de Santiago, a Fundación Barrié, o Arcebispado compostelán e mais o Cabido Catedralicio desenvolven un proxecto que pretende restaurar as pinturas murais da cuberta así como a restauración do Pórtico da Gloria. O proxecto acaba de atopar cun atranco ao descubrirse formigón na cuberta, por mor dunha serie de intervencións realizadas entre os anos corenta e sesenta. Un contratempo que lle acaban de trasladar á Dirección Xeral de Patrimonio, que levará a cabo catas e a monitorización das obras para determinar o procedemento a seguir de cara á recuperación da policromía da cuberta.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos con casco

Peregrinos con casco

A rehabilitación do Pórtico da Gloria manterase durante o Xacobeo 2010

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Pórtico da Gloria, Dirección Xeral de Patrimonio, Fundación Barrié...