A nova intervención no Pórtico da Gloria comezará este verán

A Fundación Barrié financia os traballos que se prolongarán durante 32 meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Traballos de restauración no Pórtico da Gloria. Fundación Barrié.

Traballos de restauración no Pórtico da Gloria. Fundación Barrié.

Ao longo deste verán, no momento en que se solucionen as filtracións de auga das torres e da fachada do Obradoiro, comezarán as tarefas de rehabilitación do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. A Fundación Barrié asinaba esta mañá co arcebispado de Santiago un convenio marco, outro para o desenvolvemento desta intervención e un terceiro centrado nas accións divulgativas, polo cal esta entidade financiará os traballos. A actuación, enmarcada no proxecto de conservación preventiva e de restauración do Pórtico de la Gloria, está previsto que se desenvolva ao longo de 32 meses, dos que os oito primeiros se centrarán en estudar a situación do monumento e completar a documentación sobre o mesmo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos con casco

Peregrinos con casco

A rehabilitación do Pórtico da Gloria manterase durante o Xacobeo 2010

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Fundación Barrié, Catedral, Obradoiro...