Dous convenios e a proposta de actuación sobre o Pórtico da Gloria pechan o aniversario da Catedral

A Fundación Barrié incrementa nun millón o financiamento do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago remata con dúas novidades para o edificio. Dunha banda, porque a Fundación Barrié presentou a proposta de actuación que permitirá iniciar as obras de intervención do Pórtico da Gloria. Comezarán unha vez que teñan o visto e prace da dirección xeral de Patrimonio e se convoque un concurso público (por importe de dous millóns de euros). Da outra, porque a Fundación Catedral de Santiago asinou dous convenios que posibilitarán a concreción do Plan Director do complexo e a creación, en breve, da Oficina Técnica de Rehabilitación que coordinará todas as intervencións que se levarán a cabo no edificio, desde as acción prioritarias ata as secundarias.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O camiño da Gloria

O camiño da Gloria

As obras de intervención do Pórtico da Gloria durarán 24 meses e custarán 2 millóns

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Pórtico da Gloria, Fundación Barrié, Catedral de Santiago...