A Guarda pon en valor Santa Tegra e o castelo de Santa Cruz

Máis de seiscentos mil euros desenvolverán estes equipamentos culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visitou esta mañá A Guarda para presentar dous proxectos que recuperarán importantes elementos patrimoniais da vila. Por unha banda, anunciou o comezo do Plan Director do Castro de Santa Tegra. Este proxecto, que catalogará polo miúdo o patrimonio deste depósito e proporá iniciativas para o conservar e o pór en valor. A proposta prevé crear unha ruta cultural no conxunto, e conta cun orzamento de 232.000 euros. Ao tempo, Bugallo anunciou tamén a posta en marcha do centro de inteprretación do Castelo de Santa Cruz, que será a cabeceira informativa do sistema de fortalezas da raia. As obras deste equipamento, que comezarán en breve, contan cun orzamento de 434.000 euros.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, A Guarda, Ánxela Bugallo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares