O Plan Director de Santa Catarina contempla usos turísticos para o mosteiro

Un centro de interpretación e a recuperación do contorno fan parte das medidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un millón de euros para recuperar o mosteiro de Santa Catarina de Monte Faro, en Mugardos, do seu actual estado de deterioro. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentaba esta mañá o pal director para o conxunto, que prevé realizar obras de acondicionamento de tellados e baixantes para eliminar o grave problema de humidades deste monumentos. Actuacións sobre as dependencias anexas ao mosteiro e a protección do contorno visible desde o mesmo son outras das actuacións previstas neste texto, no que se recoñece a posibilidade de darlle emprego turísticoa a este edificio histórico que durante moito tempo foi patrimonio militar.

Entre as medidas propostas está a posta en marcha dun centro de interpretación do lugar no que se poida contemplar a colección de pezas arqueolóxicas e arquitectónicas do complexo e no que se explique polo miúdo a historia desta construción.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Mugardos

Claves

Protagonistas
Lugares