O Centro Arqueolóxico San Cibrán de Las cubrirá 3.000 metros cadrados

A apertura do conxunto está prevista para decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Será, co de Campolameiro, o primeiro centro da Rede de Patrimonio Arqueolóxico. San Cibrán de Las, o maior castro de Galicia, terá rematado en maio o seu Centro Arqueolóxico. Así o anunciou hoxe a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, logo dunha visita ás obras do mesmo, que cubren unha superficie de 3.000 metros cadrados. Queda agora licitar o vindeiro mes o concurso para o proxecto museográfico do centro, que conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros e que abrangue o deseño, subministro e instalación de equipamentos culturais para o parque. Segundo adiantou Bugallo, está prevista que a apertura do parque, que ten en total 25 hectáreas, sexa en decembro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos