O edificio do futuro Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, situado en San Cibrán de Las, está rematado. O director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, visitaba onte estas instalacións, nas que comezarán este mesmo mes os traballos de musealización, orzamentados en 1,5 millóns de euros. Está previsto que o proceso remate o vindeiro mes de setembro e que o centro, que fai parte da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, abra as súas portas este mesmo outono.