Cultura quere abrir o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa a final deste ano

En breve comezarán as obras de urbanización que foron adxudicadas por 254.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Malia a que o último anuncio prometía a inauguración para o comezo deste 2013, o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Las non abrirá as súas portas ata o final deste ano. Cando menos, así o adiantaba onte o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, ao anunciar a adxudicación das obras de urbanización do Centro por unha contía de 254.000 euros. As obras que comezarán en breve acondicionarán o acceso ao recinto, instalarán feches e luminarias e crearán unha rede de drenaxe, entre outras actuacións.

Cultura ten aínda pendente licitar a xestión do centro, logo que de que o Concello de San Amaro declinase se encargar, con apoio económico da Consellaría, deste labor. Vázquez anunciou a vindeira convocatoria dun concurso público para a explotación e xestión do parque.

O Centro de Interpretación fai parte da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico, que establece un centro temático por cada provincia. Ata o de agora, o único aberto é o Centro da Arte Rupestre de Campolameiro.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos