Xesús Vázquez quere abrir o centro de interpretación de San Cibrán de Las "a principios de 2013"

O edificio o seu percorrido expositivo están xa rematados

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Xesús Vázquez, o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, manifestou nunhas declaracións a La Región o seu interese por "potenciar" o centro de interpretación da cultura castrexa de San Cibrán de Lás, "que queremos inaugurar a comezos de 2013". O centro xa está rematado, e tamén os contidos expositivos do seu interior están xa instalados, pero ata o momento, só un garda de seguridade traballa no edificio. O centro de interpretación de San Cibrán de Lás atópase aos pés dun dos castros máis grandes de Galicia e será o núcleo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, o segundo en abrirse trala inauguración do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Educación, La Región, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Entidades