Compostela acollerá un espazo de referencia internacional en patrimonio

O Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural dependerá do Centro Superior de Investigacións Científicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Localización do Centro de Ciencias do Patrimonio

Localización do Centro de Ciencias do Patrimonio

Un centro de 2.000 metros cadrados dedicado á investigación e ao desenvolvemento en campos coma a tecnoloxía dos bens patrimoniais, as paisaxes culturais ou á socioloxía e á economía aplicadas a este ámbito. O Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural está previsto que abra as súas portas en Compostela de cara a 2012 mercé ao convenio de colaboración que asinou hoxe Rafael Rodrigo, presidente do Centro Superior de Investigacións Científicas e mais Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde da cidade e presidente do Consorcio de Santiago. Segundo explicou Rodrigo, as novas instalacións serán o referente estatal no campo do patrimonio e aspiran a constituírse coma un dos principais centros europeos e mundiais. Está previsto un investimento inicial de 11 millóns de euros só no deseño e construción do edificio, que se situará no futuro parque de Brañas de Sar. O complexo estaba previsto nun primeiro momento que se instalase na Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Economía, Consorcio de Santiago, Sar...