O Centro do Patrimonio Cultural non estará no Gaiás como estaba previsto

É a unidade especializada en investigar sobre o patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Trátase do edificio que pretendía centralizar a investigación sobre o patrimonio histórico e a súa xestión sostible. O Centro de Patrimonio Cultural depende do Centro Superior de Investigacións Científicas e tiña previsto situarse na Cidade da Cultura. Pero finalmente non será así, tendo en conta que os representantes do CSIC e do Concello e o Consorcio de Santiago acaban de asinar un convenio para edificar o centro en Brañas do Sar. O CSIC e o Ministerio financiarán o edificio, mentres que Consorcio e Concello custearán as expropiacións do terreo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Gaiás, Consorcio de Santiago, Sar...