O pasado dÃa 24 presentábase en Compostela o proxecto do futuro Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural. Esta iniciativa, nada co apoio do Consorcio e do Concello da Cidade, supón un primeiro paso na expansión que o Consello Superior de Investigacións CientÃficas prevé facer no noso paÃs. Analizamos da man dos responsables desta institución en Galicia o seu traballo actual e os seus proxectos.
O Consello Superior de Investigacións CientÃficas é responsable, a nivel estatal, de coordinar laboratorios, proxectos e centros de investigación de todo tipo nas máis diversas áreas. Malia a que a delegación galega do CSIC naceu como tal en 1985, o vencello do centro co noso paÃs ben xa de moi atrás. Este organismo acolle institucións históricas do noso paÃs coma a Misión Biolóxica de Galicia, nada en 1921, ou o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que en 1940 herdou boa parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos. En 2008, este organismo investiu nos centros que mantén no nos paÃs e mais na propia delegación, máis de 18 millóns de euros, aos que se deben sumar os case 574.000 que achegou ao funcionamento do CESGA. Vendo a magnitude das cifras destinadas a proxectos de investigación que do Consello manexa no noso paÃs, non é de estrañar que unha ampliación da súa presenza no mesmo sexa unha boa nova.
Do agro ao mar
A maiores dos xa mentados, dependen deste organismo o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, e mais o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Compostela. A estes débese sumar o Centro Superior de Supercomputación de Galicia, que conta cunha participación patrimonial do 30% desta institución e sostén a metade do investimento no mesmo. A coincidir coa presentación do futuro Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural, o presidente do CSIC, Rafael Rodrigo, anunciou un forte incremento da presenza deste organismo no noso paÃs. Entre outras medidas, lembrou a xa anunciada ampliación do Instituto de Estudos Mariños. Canda a isto, sinalou que o organismo pretende potenciar a súa presenza no Centro de Supercomputación e adiantou que nos vindeiros meses se darán a coñecer outras iniciativas que han consolidar a presenza do CSIC en Galicia ata o punto de duplicala.
O patrimonio
Un dos primeiros pasos nna maior presenza deste organismo no noso paÃs é o xa mentado Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural. Este proxecto, que agarda ser unha realidade nun prazo aproximado de tres anos, quere ser, desde Compostela, a cabeza de todos os espazos dependentes do Consello dedicados a áreas de restauración, arqueoloxÃa e outros ámbitos vencellados ao patrimonio. Ao tempo, integrará grupos de investigación xa instalados no paÃs com ao Laboratorio de Patrimonio (LaPa). Só a posta en marcha do edificio para este complexo na capital galega supón un investimento de preto de 11 millóns de euros que se agarda estea finalizado de cara a 2012.
Ampliacións e creacións
Nos últimos anos, o Consello estivo xa a traballar noutros grandes proxectos de expansión no paÃs, sempre en colaboración con universidades ou outros organismos de investigación. En Vigo, o Instituto de Estudos Mariños completarase coa creación do Centro Atlántico de Investigacións Mariñas (CAIM), e mais a Base Atlántica de Buques Oceanográficos. Estes novos equipamentos intégranse na popularmente coñecida coma a Cidade do Mar, na que está previsto un investimento de preto de cen millóns de euros. Na iniciativa están tamén involucrados a Xunta, o Instituto Español de OceanografÃa e as universidades galegas entre outras institucións. Pola súa banda, en Compostela está prevista a creación do Centro de Ciencias e TecnoloxÃas da Vida (CITEV), que se centrará en desenvolver estratexias terapéuticas contra diferentes enfermidades e que agarda contar con 150 investigadores.
O momento de expansión
Como se pode comprobar pola listaxe de centros vencellados ao CSIC, a investigación no sector primario ten historicamente un destacado peso no noso paÃs, especialmente mediante organismos creados nos primeiros sesenta anos do século XX. Segundo explica UxÃo Labarta, coordinador institucional da delegación galega do CSIC, “Galicia non desenvolveu ningunha estratexia de centros de investigación. Centrouse no desenvolvemento a paritr das universidades. En 2005 produciuse unha reflexión para facer confluÃr universidades e centro de investigacións, e é aà onde o CSIC atopa unha acollida”.
Puntos de partida
En canto ás novas instalacións, Labarta sinala que “todos teñen a súa importancia, aÃnda que partimos de situacións diferentes. Un centro coma o CAIM conta xa coa base dun grupo de 60 investigadores doctores, con moitos proxectos e boa relación coa universidade de Vigo, onde tamén hai moitos especialistas en Ciencias do Mar. Con isto é doado que logo de se crear as infraestuturas poidar dar rendementos axiña. O mesmo acontece co de Ciencias do Patrimonio Cultural, onde hai un grupo pequeno pero consolidado. No caso do Centro de Ciencias da Vida non temos investigadores nesta área, pero como facemos noutros sitios, realizamos unha oferta aos nosos investigadores e hai equipos que xa se presentaron para se trasladar a este centro”.
Malia a que boa parte destas novas instalacións xa se presentaron publicamente, Labarta considera difÃcil pórlle datas de finalización. A crise económica, a necesidade de coordinación entre diferentes entidade e, de xeito especial, a dificultade á hora de conseguir terreos axeitados, fan complicado ter prazos concretos para a posta en marcha destas iniciativas. O que está claro é que poden dar un grande empurrón á investigación que se desenvolve no noso paÃs.
O CSIC en Galicia.O Consello Superior de Investigacións CientÃficas é responsable, a nivel estatal, de coordinar laboratorios, proxectos e centros de investigación de todo tipo nas máis diversas áreas. Malia a que a delegación galega do CSIC naceu como tal en 1985, o vencello do centro co noso paÃs ben xa de moi atrás. Este organismo acolle institucións históricas do noso paÃs coma a Misión Biolóxica de Galicia, nada en 1921, ou o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que en 1940 herdou boa parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos. En 2008, este organismo investiu nos centros que mantén no nos paÃs e mais na propia delegación, máis de 18 millóns de euros, aos que se deben sumar os case 574.000 que achegou ao funcionamento do CESGA. Vendo a magnitude das cifras destinadas a proxectos de investigación que do Consello manexa no noso paÃs, non é de estrañar que unha ampliación da súa presenza no mesmo sexa unha boa nova.