O Diario Oficial de Galicia deste 18 de setembro recolle a resolución das axudas para traducir a outras linguas obras escritas orixinalmente en galego. A convocatoria beneficiará nesta ocasión 24 tÃtulos de 11 editoras diferentes cun total de 34.496 euros. A cifra fica por baixo do total de 50.000 orzamentados para estas subvencións.
A firma que concentra máis axudas é Stazione Culturale Textus, que suma 10.644 euros. Esta editora verterá ao italiano a prosa completa e os diarios de arte de Castelao ademais da poesÃa de Lamas Carvajal e da poesÃa e prosa de Amado Carballo e Blanco Torres.
Séguea a británica Small Stations Press que, con 10.358 euros, levará ao inglés A noite do oso de Abel Tomé, Illas remotas de Ignacio Vidal Portabales, Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, Morning Star, de Xosé Miranda, e mais Xoaniña de Deus de Alba Guzmán.
MerlÃn Comunicación, con 3.458 euros para trasladar catro tÃtulos a outras linguas e o Gruppo Editoriale Tab, S.R.L, que prepara unha versión do Lourenço, xograr, de Manuel Portas cun apoio de 3.408, son as seguintes firmas máis beneficiadas.
Esta foi a primeira ocasión en que as axudas á tradución se convocaron en dúas liñas diferencias, unha para traer obras ao galego e outra para levar propostas galegas a linguas foráneas.