Compostela acollerá un centro estatal de rehabilitación

O espazo instalarase nunha antiga curtiduría nas beiras do Río Sarela

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O espazo de referencia para a formación na área de rehabilitación a nivel estatal estará en Compostela. O convenio asinado onte entre Consorcio, Xunta, Ministerio de Fomento e Fundación Laboral da Construción, establece que a cidade acollerá o Centro Estatal de Rehabilitación, ligado ao futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio, que depende do Centro Superior de Investigacións Científicas. O novo centro instalarase nas beiras do río Sarela, nunha antiga curtiduría situada no barrio de Pontepedriña de Arriba, que será rehabilitada para este fin. O proxecto conta cun orzamento de oito millóns de euros, dos cales 2 millóns serán achegados polo Consorcio de Santiago, 800.000 pola Xunta de Galicia e 300.000 polo Ministerio de Fomento, mentres o resto será aportado pola propia Fundación Laboral.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Fomento, Consorcio de Santiago, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela