Compostela legaliza o complexo de Otero Pombo en Ponte Sarela

O multipremiado proxecto acollerá un museo etnográfico entre outras instalacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:

O controvertido proxecto promovido pola empresa Otero Pombo e deseñado por Víctor López Cotelo en Ponte Sarela, Compostela, xa é legal. O Concello, avaliado por un informe da Xunta de Galicia realizou as modificacións na lexislación pertinente que permitirán salvar a construción do derrubamento á que a condeara o Tribunal Superior de Xustiza. A antiga curtiduría conseguira premios intenacionais e fora seleccionada para representar a España en bienais como a de Venecia ou a de Cartaxena de Indias. O proxecto inclúe un hotel con dezaoito suites e un museo no que se exporán 3.000 pezas de carácter etnográfico. Ademais, o conxunto prevé un espazo para amosar pezas de coiro saídas de factorías compostelás, amosando a importancia histórica desta industria na cidade.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor López, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades