O Consorcio de Santiago disporá de máis de nove millóns de euros para 2016

É o primeiro ano que non baixan as achegas das administracións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados na orde do día, presentáronse os presupostos para o vindeiro ano, que ascenden a 9.142.471,05 euros. Nas actuacións previstas, renovarase o tellado da igrexa de San Agustín, substituiranse as revocaduras deterioradas da Colexiata do Sar, actuarase nas fachadas e na cuberta da igrexa da Quinta Angustia, no tellado da igrexa de San Pedro de Busto e tamén no da igrexa de Santa Cristina de Fecha, melloraranse os muros da igrexa de Santa María de Cesar, ademais da restauración do retablo e o altar da Virxe das Dores da igrexa de San Miguel dos Agros. Así mesmo, o Consorcio de Santiago investirá en 2016 un total de 439.737,27 euros na reforma do Auditorio de Galicia. O Consorcio tamén porá en marcha o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá na Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Sar, San Pedro, Auditorio de Galicia...