Unha praga de térmites permite descubrir pinturas murais nunha igrexa de Gondomar

Os xilófagos afectan ao retablo maior e ao tellado de Santa Baia de Donas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Santa Baia de Dona. Fotografía de José Antonio Gil Martínez. Fonte: Wikimedia Commons

Santa Baia de Dona. Fotografía de José Antonio Gil Martínez. Fonte: Wikimedia Commons

A aparición dunha praga de térmites ameaza o tellado e mais o retablo maior da igrexa de Santa Baia de Donas, antigo mosteiro do século XII. A inspección do retablo, datado no século XIX, permitiu comprobar que na súa parte traseira se conservan pezas dun retablo anterior, posiblemente do século XVI, reutilizado para a peza máis recente.

Ademais, por tras desta estrutura apareceu unha serie de pinturas murais , descoñecidas ata o momento e pendentes de datación. O párroco local sinalou que o custo de reparar os danos causados polos insectos xilófagos e a restauración de todos os elementos artísticos presentes no templo, incluídas as pinturas, custará 50.000 euros.

Cos traballos para eliminar a praga xa iniciados, as accións de restauración deberán agardar un prazo mínimo de seis meses, nos que se terá que redactar o proxecto de actuación de obter o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio.

A comisión de festas da parroquia iniciou unha campaña de recadación de fondos para enfrontar estes traballos e organiza para o vindeiro 19 de outubro unha comida solidaria con esta finalidade.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio