A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aprobaba onte os múltiples investimentos que esta entidade desenvolverá en ámbitos de cultura e patrimonio, unha partida que supera os dous millóns de euros. Destes, nada menos que 800.000 irán destinados a traballos de rehabilitación na Catedral, e outros 546.077 cubrirán diferentes accións de restauración en templos e igrexas da cidade. Asà o Cemiterio do Rosario, incluÃdo no conxunto de San Domingos de Bonaval, a igrexa da Peregrina, o Convento de Santa Clara ou a igrexa da Orde Terceira de San Francisco serán beneficiarios destes fondos.
En paralelo, 780.000 euros financiarán diferentes propostas culturais na capital galega. A temporada de teatro e danza ou o ciclo Sons´15, entre outras propostas do Auditorio de Galicia, a Fundación Granell, Cineuropa e o programa ConCiencia tamén contarán co apoio da entidade.