O Mosteiro de Abeleda, no concello de Castro Caldelas, deixará de ser unha ruÃna. Alomenos esta é a intención dun grupo de particulares de Compostela aos que a Igrexa lles cedeu xa inmoble para proceder á súa rehabilitación. Cultura xa confirmou que agarda asinar o vindeiro ano un convenio para salvar estes restos. A maiores, o Arcebispado de Compostela, cedeulle á Xunta de xeito gratuÃto o Mosteiro de Monfero, con vistas a que o recupere e o poida explotar nos vindeiros cincuenta anos. Ao tempo, o mosteiro de Oia continúa a súa degradación mentres se suceden os cruces entre a súa propietaria, a Consignataria Vasco-Galega e as administracións públicas sobre o atraso no proxecto de recuperación para o converter nun establecemento hostaleiro.
Máis información en La Voz de Galicia; en La Opinión; o noso tema sobre o emprego dos mosteiros