Patrimonio autoriza o proxecto que pretende converter o mosteiro de Monfero nun spa

Monfero vólvese termal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
No 2004 a Xunta convocou un concurso de ideas para recuperar o mosteiro de Monfero. O proxecto gañador convertía o cenobio nun complexo termal que estaba orzamentado en quince millóns de euros. A reforma paralizouse por dous motivos: a Igrexa debía ceder á Administración a parte que lle pertencía do mosteiro e a Dirección Xeral de Patrimonio debía aceptar o proxecto. Pois ben, Cultura acaba de autorizar a reforma ao entender que respecta os valores culturais do monumento conforme á lexislación, o que permitirá iniciar as obras. Agora, falta que a Igrexa ceda a parte do complexo para completar o proxecto.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego, La Opinión e na nosa hemeroteca sobre o mosteiro de Monfero

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monfero, La Opinión, El Correo Gallego, Dirección Xeral de Patrimonio...