O mosteiro de Monfero destinarase ao turismo termal, mentres Carboeiro finalizará a súa rehabilitación en dous anos

Monfero terapéutico, Carboeiro final

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O mosteiro de Monfero, actualmente en restauración, transformarase nun hotel de catro estrelas con servizo de spa ou balneario, segundo o proxecto gañador do concurso de ideas convocado para decidir o futuro deste centro. A intervención proposta polos arquitectos coruñeses Enrique Manuel Blanco e Patricia Sabín, respectará a estrutura do cenobio. Pola súa banda, as obras de rehabilitación que está a sufrir o mosteiro de Carboeiro poderían estar acabadas en dous anos. Os máis de catrocentos mil euros que a Consellaría de cultura anunciou que vai destinar para este fin permitirán completar un proceso iniciado no ano 2000 e que pretende recuperar este espazo para empregos turísticos e culturais.

Máis información sobre o futuro de Monfero en Galicia Hoxe; sobre as obras de Carboeiro en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monfero, Turismo, Manuel Blanco, El Correo Gallego...

Claves

Protagonistas
Conceptos