Cultura investirá 120.000 euros para completar a reparación do mosteiro de Carboeiro, pendente de definir o seu futuro

¿Que será de Carboeiro?

O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, visitou onte as ruínas do mosteiro de Carboeiro en Silleda, nas que o seu departamento investirá este ano 120.000 euros. Estes cartos servirán para completar os traballos de rehabilitación de cubertas e accesos ao edificio. Pérez Varela sinalou que será o Concello de Silleda quen teña que decidir o emprego que se lle dará ao edificio, que podería converterse nun centro de turismo rural ou nun centro de interpretación do románico.

Máis información en El Correo Gallego