Román Rodríguez afirma que as esculturas de Carboeiro deberan volver ao mosteiro

O conselleiro destacou a posición "moi favorable" do director do Museo catalán ao retorno

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Xunta

Foto: Xunta

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, visitou esta mañá o mosteiro de Carboeiro (Silleda) para escenificar as xestións da Xunta co Museo Frederic Marès de Barcelona co obxectivo de reclamar de volta dúas das esculturas que foran substraídas do tímpano na década dos 50. Foi o investigador Francisco Prado Vilar quen publicara en La Voz de Galicia un conxunto de documentación que permite defender que as figuras foron roubadas do mosteiro en 1957 e, xa que logo, poden ser reclamadas. O conselleiro de Cultura explicou que se puxo en contacto persoalmente co director do Museo a partir da publicación desta documentación e que este se amosou "moi favorable" ás xestións da Xunta a partir da documentación presentada pola Xunta. O conselleiro tamén indicou que as pezas, no caso de seren devoltas polo museo catalán, deberan volver para o propio mosteiro de Carboeiro.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Mosteiro de Carboeiro, Francisco Prado, La Voz de Galicia...