As estatuas do tímpano de Carboeiro volven a Galicia

O temporal suspendeu o acto de entrega das pezas, previsto para este 27 de xaneiro en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Estatuas de Carboeiro no Museo Marés. Fotografía de Antonio Ferro. Archivo Museo Marés.

Estatuas de Carboeiro no Museo Marés. Fotografía de Antonio Ferro. Archivo Museo Marés.

O Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, tiña previsto acoller este 27 de xaneiro o acto de entrega das dúas esculturas do tímpano do mosteiro de Carboeiro que se custodiaban no Museo Marés, en Barcelona. Non entanto, o temporal que está a sufrir o noso país impediu a aterraxe do avión cos representantes desta institución e do Concello de Barcelona, polo que foi necesario adiar a cerimonia, que aínda non ten nova data.

Este encontro marca o final da reclamación da Xunta de Galicia para recuperar estas dúas pezas, que foron expoliadas do cenobio de Silleda nos anos 50, e que motivaron unha reclamación por parte do Goberno Galego que leva xa tres anos de percorrido. Segundo informa La Voz de Galicia, as dúas partes implicadas chegaron a un acordo polo que as pezas retornarán ao noso país e se exporán no Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na capital galega.

Que che parece esta nova?
236 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Museo das Peregrinacións, Mosteiro de Carboeiro, Santiago de Compostela...