As esculturas do tímpano do mosteiro de Carboeiro xa no seu lugar de exhibición no Museo das Peregrinacións.
As dúas pezas substraídas do tímpano da porta occidental do mosteiro de Carboeiro (Silleda) xa se exhiben no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Están expostas na primeira planta, a altura, acompañadas dun arco que simula o tímpano de Carboeiro e co espazo para a terceira peza que aínda se atopa na súa localización orixinal. As pezas foron trasladadas a Santiago baixo un réxime de comodato, é dicir, un préstamo de longa duración, dez anos neste caso, sen contraprestación económica. O préstamo é prorrogable por outros dez anos.
As dúas pezas representan un Pantocrátor e dous dos evanxelistas. Na entrega das pezas participaron o conselleiro de Cultura, José López Campos e o concelleiro de Cultura e Industrias Creativas do Ajuntament de Barcelona, Xavier Marcé, quen destacou que o préstamo “responde a un acordó entre dúas administracións públicas baixo o principio de lealdade institucional”. Marcé tamén destacou que "o establecemento dun depósito de longa duración permite que as pezas se amosen nun museo de titularidade pública en Galicia, ao alcalnce da ciudadanía, en condicións de conservación e seguridade axeitadas".
A documentación do roubo das pezas foi localizada polo investigador Francisco Prado-Vilar, que documentou como o roubo das pezas foi denunciado en 1957 e como ao ser substraídas dun monumento declaración como Histórico Artístico desde 1931, a transacción económica era ilegal. Para Francisco Prado-Vilar, o paso actual "debe ser intermedio, é un paso máis cara a volta definitiva. As esculturas non deben volver saír de Galicia".


