Esta fin de semana abrÃa as súas portas o Mosteiro de Caaveiro, situado nas Fragas do Eume, logo de que finalizase a maior parte das obras de recuperación que comezaran en 2003. Ata o vindeiro dÃa dezasete haberá visitas guiadas e de balde para quen estea interesado en visitar o monumento, e a partir de entón poderá verse durante as fins de semana e o festivo. Outro mosteiro que agarda recuperar un certo esplendor é o de San Salvador, en Celanova. Na actualidade están a se desenvolver os traballos previos para recuperar a torre deste edificio con vistas a abrila ao público o vindeiro ano, cando se fan 1.100 anos do nacemento do seu fundador, San Rosendo. Finalmente, o PSOE reclamou que se recuperen dúas esculturas que se subtraeran do mosteiro de Carboeiro, en Silleda, durante a posguerra e que actualmente se encontran nun museo catalán. Este partido reclama que as dúas pezas se incorporen ao tÃmpano deste edificio, que está tamén na actualidade en proceso de restauración.
Máis información en La Voz de Galicia, en
El Correo Gallego e na edición de onte de
La Región