Encravado no corazón das Fragas do Eume, o Mosteiro de Caaveiro é un dos cenobios máis importantes de Galicia. Agora, despois de anos de traballos adiados e dun investimento millonario, ultÃmase a súa inauguración como museo.
Declarado en 1975 monumento histórico artÃstico pola súa importancia arquitectónica, o Mosteiro de Caaveiro permaneceu en estado ruinoso ata o ano 2000. Foi entón cando a Deputación da Coruña incluÃuno no marco dunha das fases de actuación do Plano 2000 para a recuperación de arquitectura popular. Investiu preto de dous millóns de euros na súa rehabilitación, investigación e acondicionamento ao longo de preto dunha década, sen que en ningún momento deixase de ser visitable. De feito, o Cenobio vencellado á figura de San Rosendo, é un dos grandes atractivos turÃsticos da comarca. No presente ano recibiu preto de 11.000 visitantes (4.100 no mes de xullo) e agardan incrementar esas cifras. A Asociación Euroeume, sen ánimo de lucro, é a encargada de xestionar o programa de visitas guiadas organizadas pola Deputación.
A rehabilitación
Foi a deputación provincial a que lle encargou aos arquitectos Celestino GarcÃa Braña e Isabel Aguirre a tarefa de rehabilitar e reconstruÃr as ruÃnas de Caaveiro. Os traballos concluÃron entre finais de 2008 e principios de 2009 e pretenderon devolverlle o esplendor a un mosteiro do que, tradicionalmente, se considera fundador a San Rosendo. Pénsase que foi estivo alÃ, antes de ser nomeado bispo de Compostela e antes tamén de vivir en Celanova (Ourense). En todo caso, foi un cenobio beneditino que pasou a ser casa de cóengos regulares de santo Agostiño con carácter de colexiata. Non se ten constancia cando se produciu esa transformación, pero está documentado que desde o século XIII é casa dos cóengos regulares de Santo Agostiño. No século XVIII perdeu o tÃtulo de colexiata e con ela desapareceu a vida monacal no complexo. Iso supuxo o fin do seu esplendor relixioso. En 1841 foi incorporado ao clero secular e, coa desamortización de Mendizábal, pasou a mans do Estado. O goberno vendeuno e pasou a propiedade particular co que se iniciou un perÃodo de venda, espolio e saqueo de obxectos artÃsticos que se gardaban no edificio. Hoxe sábese que o retablo e as campás están nas igrexas da Capela e Soaserra e que algunhas das reliquias de Caaveiro están no tesouro da catedral de Santiago, pero aÃnda hai máis bens desaparecidos.
A musealización
En febreiro de 2009, a deputación da Coruña sacou un concurso público para converter este espazo nun museo. O proxecto gañador foi a cargo da empresa coruñesa Sutega Mobiliario S.L que desde entón acometeu o proxecto que está practicamente rematado. A conversión de Caaveiro en museo tivo un orzamento de 350.000 euros que inclúe desde inmobiliario para instalacións ata sistemas de vixilancia. A nivel de contidos, Sutega encargouse da sinaléctica completa do lugar e que xa está completamente rematada; asà como de propostas de mercadotecnica asociadas ao cenobio, coma gorras, paraugas ou camisolas que xa figuran no interior do edificio. Tamén están listos realización de dous audiovisuais de carácter didáctico, un deles centrado na historia e evolución deste conxunto e outro dedicado aos valores naturais e paisaxÃsticos do contorno. TrÃpticos, audio de ambientación para a capela, vitrinas e outros elementos completan os contidos previstos para o mosteiro que agarda por data de inauguración a cargo da Deputación da Coruña. En todo caso, o proxecto e, segundo publicou estes dÃas Diario de Ferrol (dato sen confirmar pola ConsellarÃa de Cultura) queda pendente de que se autorice o informe preceptivo da Xunta que poña fin á rehabilitación e poida dar paso á apertura pública do espazo.